domingo, 13 de mayo de 2012

A MALLA

Un dos traballos máis importante da agricultura rural, foi a MALLA, para elo era preciso que todos os veciños dunha parroquia, si querían que lle viñesen axudar a él, tiña que ir él a de todos os seus parroquianos, deste xeito conseguíase que durante un tempo todo o pobo se adicase casi exclusivamente a este traballo, conseguindo o trigo, centeo e cebada, para o longo do ano facer o pan e darlle de comer os animais. Hai uns anos eran típicas as cuadrillas de segadores, tamén chamadas "RANCHOS" que durante duas ou tres semanas se dedicaban a segar para unha parroquia, nestes ranchos habia segadores e atadores que iban faendo os mollos e o chegar o fondo do rego os segadores eran esperados para darlle o garrafón do viño, un pouco de auga e sobre todo, alento a aqueles aguerridos traballadores. Tamén había persoas que iban en cuadrillas a segar a Castella, uns iban en trenes de mercancias e incluso había quen pasando polos montes iban andando ata Castela. Cando voltaban un dos bens máis codiciados (sobre todo polos nenos) era o plan blanco de trigo, que a maior parte das veces había que botalo en auga para que ablandase, ademáis traían un pouco de diñeiro co que ir tirando o resto do ano. A Malla, era un traballo moi duro o igual que a segada, xa que para facelo era preciso que quentase ben o sol, porque doutro xeito o pan non se cortaba si estaba húmedo ou as máquinas de mallar embazaban (atrancabanse). Ademáis da calor que había que soportar, o polvo e as arganas eran moi abundantes, o que facía moi dificultoso o respirar. Había Mallas no pueblo que duraban dous ou máis días completos. Despois do traballo sempre se comía, e esta era unha verdadeira festa, na que se faían todo tipo de trouladas, sobre todo si na Malla había un mozo ou moza casadeiros. Deste xeito ibase dunha casa a outra, ata que todos os veciños tivesen o grao na adega.

lunes, 29 de agosto de 2011

TORNEO INTERNACIONAL DE FUTBOL SALA EN SOUTLINHO 2011





Un ano mais os dias 13 e 14 de agosto celebrouse o torneo internacional de futbol sala na nosa veciña aldea de Soutelinho de Raia. Videferre participou con un equipo de moita calidade, ainda que non chegou a final.









lunes, 31 de enero de 2011

domingo, 16 de enero de 2011

sábado, 1 de enero de 2011

lunes, 4 de octubre de 2010

O PAN


O pan é un alimento imprescindible, é o sustento de millóns de persoas no mundo. A súa elaboración foi habitual en tódalas casas galegas aínda que agora xa non usamos facelo pan nós mesmos, senón que comprámosllo ós panadeiros profesionais. Ata chegar á actual industria panificadora, hai miles de empresas dedicadas ó pan en Galicia, este producto tuvo unha longa historia e unha importante presencia na nosa cultura.

Parece que a orixe da elaboración do pan provén do inicio das civilizacións no Oriente Próximo. Xa os hebreos e os exipcios moían gran para facer diversos tipos de pan con fariñas de millo miúdo, trigo ou sementes de loto. Pero serán os gregos os que melloren a súa elaboración e os romanos os que a perfeccionen ó refinar a fariña.

A elaboración do pan vai parella ó cultivo dos cereais precisos para a súa fabricación e ámbalas dúas actividades foron comúns en Galicia onde se usaba fundamentalmente o centeo e o millo. O pan de fariña triga era tarefa case exclusiva dos panadeiros.

A calidade do pan depende da calidade da fariña e da mestura da mesma, do grao de fermentación e da cocción, así como da habilidade das persoas que o fagan.

Ademais pódeselle dar unha morea de formas .

En calquera peza de pan temos a codia que é a parte externa e dura máis cocida e que envolve o miolo. Do miolo despréndense as migallas ou faragullas.

Na elaboración do pan, independentemente do tipo de fariña utilizada, había que seguir unha serie de pasos que se explican a continuación:

- Peneirado da fariña para quitarlle as impurezas. Este labor adoitábase faer sobre a

maseira, caindo a fariña dentro da mesma.

- Elaboración da masa engadíndolle á fariña auga morna e unhas areas de sal e amasando coas mans botándolle logo o fermento , que adoitaba ser un anaco de masa fermentada uns dias antes.

- Levedado da masa deixándoa na maseira ou nun cesto forrado cun paño limpo para que crecera. A masa tapábase e achegábase a un lugar quente como a lareira para que levedara máis rápido.

- Prendido do forno quentándoo mentres a masa levedaba, empregando xestas, carqueixas ou calque tipo de leña.. Despois íase engadindo leña ata alcanzar a

temperatura requirida. Cando a masa estaba léveda, e antes de enfornar, retirábanse as brasas co rodo e barríase cunha basoire feita de xesta verde, deixando unhas poucas xunto a porta para que non enfriase o forno. Neste momento cortábase a masa en anacos e dábaselle a forma desexada.

- Enfornado das pezas que se introducían no forno axudándose dunha pa de madeira. Antes de metelas no forno facíanselle marcas, buratos ou cortes para que o pan “abrise”. Cando cocían varias persoas no mesmo forno cada unha facía unha marca diferente. Unha vez dentro o pan, o forno pechábase sendo o tempo de cocción de case duas horas,dependendo da capacidade e forma do forno, do tipo de pan e da leña empregada. Cando o pan estaba cocido sacábase do forno e gardábase na

maseira ou no galleiro.