A
EMIGRACIÓN GALEGA A AMÉRICA
Como neto de
emigrantes quero render con este artículo unha
pequena homenaxe a todos aqueles galegos que por unha ou outra causa
tiveron que emprender o camiño da emigración. Tamén para todos aqueles
familiares que quedaron aquí alimentando a llama da esperanza e esperando o seu
regreso.
Dende que existe o ser humano sobre a terra este realizou
desprazamentos dun lugar a outro, xa
sea con carácter definitivo ou transitorio. En consecuencia, podemos
definir a emigración como o movemento de persoas que van dun lugar a outro co
fin de mellorar as súas condicións de vida.
Desde o punto de vista humano, a emigración é un xeito máis de escravitude. O
emigrante é escravo da súa propia miseria económica, que o bota polo mundo, e
sigue a súa escravitude polas condicións derivadas das condicións da
emigración .
Galicia, como parte integrante do Estado español e por conseguinte de Europa,
sufrirá as consecuencias que se deriven do comportamento da economía española e
subsidiariamente da europea. Galicia é
un país eminentemente agrícola, cun sistema de cultivo arcaico, moi tradicional
e supeditado á excesiva división da terra, circunstancias que dificultarán
calquera tipo de modernización das técnicas e métodos de cultivo, sendo a
poboación galega maioritariamente rural,
polo tanto, moi dependente do sistema agrario. Trátase, pois, dunha
economía de mera subsistencia que non pode satisfacer as necesidades dunha
población en aumento.
O desequilibrio entre o incremento da población e a falta de solucións
económicas adecuadas para satisfacer as necesidades básicas impulsaron o
fenómeno migratorio. Así temos que a terra mal repartida, a evidente falta de
traballo ou empregos con garantía, o desinterese das clases posuidoras da terra
por introducir novos sistemas de cultivo e a desastrosa política agraria dos
gobernos da época encargaranse de favorecer a emigración.
Castelao dice no seu libro Sempre en
Galiza,: "Aínda que os factores económicos foron o suficientemente
importantes como para botar fóra da súa terra a moitos galegos, tamén é certo
que nós sabemos andar polo mundo na procura do benestar ó contrario de moitos
españois que prefiren morrer de fame con tal de non ter que buscar camiños
descoñecidos. Os galegos sabemos arranxar papeis e pedir unha pasaxe de
terceira; sabemos agacharnos na bodega dun trasatlántico; sabemos abrir
fronteiras pechadas; sabemos pedir traballo en tódalas linguas; sabemos canto
se debe saber aínda que sexa a primeira vez que saímos fóra da terra". Os
galegos emigraron forzados pola situación económica e por que non se
conformaban con seguir sempre o mismo; querían mellorar e sobráballes vontade
para facelo.
Galicia é sinónimo de emigración, porque de Galicia, por emigrar, emigraron:
traballadores, intelectuales e capitales. O galego emigraba baixo dous signos:
un, que o empurraba fóra da súa terra na procura de mellor situación económica
e outro que o faía volver. Así temos que, sendo o país que dá maior porcentaxe
de emigración, tamén somos, curiosamente, o que maior índice de retornados
temos por número de emigrantes.
No fenómeno migratorio pode establecerse unha correlación: pais e muller
quedaban en Galicia, fillos e home na emigración. Esta constante quizas sea o
factor máis importante que favoreceu tan elevado número de retornados, tamén o
apego que os galegos temos á nosa terra. Emigraron maioritariamente homes, cun
elevado índice de xuventude. A muller galega incorpórase periodicamente á
emigración, facéndoo dunha forma activa a partir da década dos 50.
Os emigrantes dirixíanse fundamentalmente a América Latina. Xeralmente
concentrábanse nas grandes áreas urbanas: Bos Aires, Montevideo, S.Paulo, Río,
Bahía, A Habana,... Dedicàndose preferencialmente ó sector servicios, comercio e
profesións liberais, recibindo o sector agrario unha porcentaxe moi baixa,
salvo no caso de Brasil, onde as explotacións agrarias, forestais e minerais ocuparon un considerable número de
emigrantes.
Posteriormente será Arxentina quen se coloque á cabeza como
país receptor, posto que só cederá entre 1915 e 1920 a favor de Cuba e máis
tarde, a partir de 1953, a favor de Venezuela, quen o manterá ata a
finalización do proceso migratorio na década de 1970. Arxentina acadará esta
supremacía en base a unha política tendente a poboar grandes territorios case
desérticos, e pa logralo emprendeu unha campaña divulgadora das "
cualidades " do país, así como unha forte propaganda nos lugares de orixe
dos emigrantes. Outros países americanos que tamén se significaron por ter
recibido importantes continxentes de emigrantes son: Uruguai, Porto Rico,
México, Estados Unidos e República Dominicana.
Segun o lugar de Galicia de onde proceden, os emigrantes dirixíanse
maioritariamente a un determinado país e dentro deste a determinadas zonas ou
ciudades, influenciados pola presencia máis ou menos importante de veciños ou
achegados anteriormente asentados alí.
O grande impacto migratorio comezará a partir de 1880 e durará ata 1930. Este
espectacular aumento virá favorecido por varios factores, entre os que cabe
destacar os seguintes:
- A introducción da navegación a vapor, que
reduce considerablemente a duración da viaxe e aumenta a seguridade da
mesma.
- As políticas das repúblicas americanas que
favorecen a entrada de emigrantes.
- A comunicación epistolar dos que xa están alá, que dalgún xeito invita a
familiares e amigos a decidirse polo viaxe, e ó mismo tempo a garantía de
sentirse seguros de que van ser recibidos por xente amiga ó chegar ó outro lado
do "charco".
Con todos estes factores, milleiros de galegos arriesganse a cruzar o océano
cara a un mundo de esperanza.
Logo chegaría a guerra civil española, co seu peche de fronteiras.
A segunda guerra mundial, que faía moi difícil a travesía do Atlántico, entre
outras causas porque as principales compañías navieiras pertencían a países
participantes no conflicto bélico.
Todo o anteriormente exposto lévanos a determinar qué consecuencias tuvo para
Galicia a emigración. Faer unha exposición pormenorizada sería tarea moi
difícil, pero si podemos realizar unha aproximación ós aspectos máis xerais
facendo un resume polarizado en dous aspectos: a cara e a cruz.
A CARA:
- Melloráronse as economías de moitas familias, pois
entraron importantes remesas de cartos que favoreceron a adquisición de terreos
e a implantación de negocios.
- Fixo posible o cambio e a introducción de novas formas de
cultivo.
- Melloráronse as infraestructuras viarias de Galica, sobre todo as
portuarias, sendo os portos da Coruña e Vigo os máis beneficiados.
- Favoreceu o crecemento da banca coa instalación de corresponsalías
en moitas vilas.
- Foi factor determinante no movemento agrarista galego. Moitos dos
seus líderes estiveron na emigración ou as súas campañas eran sustentadas con
fondos aportados polos emigrantes.
- No seo das sociedades galegas en América mantúvose viva a llama do
galeguismo, cuando aiquí non era posible a súa manifestación pública.
- Impulsaron a cultura e o ensino en Galicia coa construcción de
escuelas, creación de asociacións culturales, publicación de
periódicos,etc.
- Favoreceu, en xeneral, un cambio de mentalidade na xente.
A CRUZ:
- Propiciou a perda das personas máis
cualificadas para o traballo.
-Deu lugar a un descenso da poboación, non solo polos que marcharon,
senón polos fillos que deixaron de nacer.
- Socialmente foi unha lacra que deu lugar á separación de pais e
fillos, matrimonios, etc. Así, escoitáronse frases como "fillos sen
pai", "terra sen homes" ou "viudas de vivos".
A xeito de resume final pódese dicir que a emigración só fixo ricos a uns
poucos. A grande maioría conformouse con "facer uns cartiños" que lle
serviron para solucionar os problemas primordiales e un número considerable
nunca voltou e, se o fixo, foi fracasado.
Sin embargo é de salientar que os galegos, ó longo da súa estadía na diáspora,
mantiveron viva a lembranza da súa terra, a súa cultura e as súas tradicións,
así como a ilusión do regreso.
Ojalá a historia non se repita, sería un bo sinal.