viernes, 29 de enero de 2010

sábado, 29 de agosto de 2009

viernes, 29 de mayo de 2009

– AS CASAS -



Hai
50/60 anos atrás, as casas dos labradores estaban perfectamente
adaptadas as actividades agrícolas e pastoris. Sobre o mismo techo vivian as personas, os animales e guardabanse os productos que a terra producia. A ras do chan era reservado para a adega, a corte dos porcos, a corte das vacas, cabras e ovellas. No piso superior era donde os labradores tiñan a cociña e habitacións. Como os invernos eran longos e frios, unha forma de manter as casas mais quentes, era co calor que despendian os animales que tiñan debaixo. A lareira tamén axudaba a quentar a casa, xa que no inverno estaba sempre acesa. Os utensilios mais frecuentes nas lareiras eran
normalmente
un escano, unha maseira, unha mesa, unha touciñeira colgada dunha trave, e nuha esquina as rachas de carballo e a gabela de leña. Antes os tellados eran feitos de colma de palla que axudaban a conservar o calor dentro, o que era fundamental nas noites frias de inverno. Mais tarde chegou a tella e fixo que a colma desaparecera, sendo esta a que se utiliza nos tellados actuales.

jueves, 14 de mayo de 2009

- O FORNO -
=======

Cada pouco tempo había que porlle a albarda o burro, e arriba dela, unha
fanega de grao centeo, e ir cara o muiño. Xa ca fariña na casa, e ca leña
precisa pa quentar o forno, chega o dia de cocer, hai que buscar o formento
a casa de quen o tivese.
Na tarea de cocer participaba toda a familia, era unha tarea moi importante,
xa que se trataba do sustento de tódolos miembros da casa. Mentras o home quenta
o forno, a muller prepara a masa en casa e deixa levedar. Pra quentalo
utilízanse xestas, carqueixas ou calquera outra leña. Unha vez quente, apártanse
as brasas cun lareiro cara a borralleira, logo bárrese cunha vasoira feita de xesta
e atada na punta do lareiro. A masa levase o forno nun cesto de mimbre, ven tapada
pra que non lle dé o aire.
No forno hai un tendal donde se fan os pans, bicas e empanadas. Unha vez metido
o pan no forno ponse a tapadeira e espérase a que este cocido.
O forno de Videferre estubo moito tempo en ruinas e abandonado, a xente fixo
fornos mais pequenos nas casas e deixaron de usar o comunitario. Na actualidade
está restaurado, sendo usado en algunhas festas como o entroido pra xuntarse
todos e faer algunha merendola.

jueves, 16 de abril de 2009

. . . . . . . O CLIMA . . . . . . .

En terminos climáticos, pódese decir, que VIDEFERRE, sitúase no Noroeste
da Peninsula Ibérica, no sur de Galicia. É un pueblo de temperaturas extremas,
que van de varios grados negativos no Inverno a mais de 30 grados no Veran,
debido a súa localización continental. Os ventos son irregulares e variables.
Está situado sobre 830 metros de altura, e atópase nuha zona desprotexida,
é azotodo polo vento. No inverno cáen grandes xiadas e algunhas nevadas, polo
que podemos decir que se trata dun clima frío.

martes, 31 de marzo de 2009

.............. A VECEIRA ...............



Todas as mañas e a misma hora, o tocar da lata, cada propietario, ten a
preocupación de faer sair das súas cortes, as súas cabras e xuntalas cas
demais na Tulla ou no Cruceiro, para que todas en conxunto e normalmente
guiadas por un ou dous pastores saian o monte.
Os pastores, son os proprietários dos animales, que se preocupan de
guardalas e guialas por zonas donde axa abundante comida.
A regla e simples: por cada animal que se ten, o propietario terá que ir un
día ca veceira comunitaria.
No inverno, como os días son pequenos, sai a veceira unha sola vez, e no verao,
sae de mañan e de tarde, pasando as horas de mais calor na casa.
Na veceira había dous ou tres castrons, os cuales eran de todos,
durmian a maioria das noites na rúa, ou debaixo dalgún carredor, a xente non
os metia na corte porque cheiraban mal.
Moita xente que non podia ir ca veceira, tiña que buscar a alguén que
fose por él. Sempre se recurria para esta tarea os CORDEIROS, ou o PEGUILLO,
os cuales sempre están dispostos a ir co rebaño para a Serra, a Ramallosa ou
o Atallo.
Polo atardecer, xúntanse os rapaces e as rapazas e van esperar a veceira
o Outeiro de Raposo ou ó Esprón, momento de estar todos xuntos é xogar a
algún dos xogos tradicionales do pueblo.