lunes, 16 de diciembre de 2013



                 A EMIGRACIÓN GALEGA A AMÉRICA


      Como neto  de emigrantes quero render con este artículo unha  pequena homenaxe a todos aqueles galegos que por unha ou outra causa tiveron que emprender o camiño da emigración. Tamén para todos aqueles familiares que quedaron aquí alimentando a llama da esperanza e esperando o seu regreso.
     Dende que existe o ser humano sobre a terra este realizou  desprazamentos dun lugar a outro, xa sea con carácter definitivo ou transitorio.   En consecuencia, podemos definir a emigración como o movemento de persoas que van dun lugar a outro co fin de mellorar as súas condicións de vida.

     Desde o punto de vista humano, a emigración é un xeito máis de escravitude. O emigrante é escravo da súa propia miseria económica, que o bota polo mundo, e sigue a súa escravitude polas condicións derivadas das condicións da emigración .

     Galicia, como parte integrante do Estado español e por conseguinte de Europa, sufrirá as consecuencias que se deriven do comportamento da economía española e subsidiariamente da europea.  Galicia é un país eminentemente agrícola, cun sistema de cultivo arcaico, moi tradicional e supeditado á excesiva división da terra, circunstancias que dificultarán calquera tipo de modernización das técnicas e métodos de cultivo, sendo a poboación galega  maioritariamente rural, polo tanto, moi dependente do sistema agrario. Trátase, pois, dunha economía de mera subsistencia que non pode satisfacer as necesidades dunha población en aumento.

     O desequilibrio entre o incremento da población e a falta de solucións económicas adecuadas para satisfacer as necesidades básicas impulsaron o fenómeno migratorio. Así temos que a terra mal repartida, a evidente falta de traballo ou empregos con garantía, o desinterese das clases posuidoras da terra por introducir novos sistemas de cultivo e a desastrosa política agraria dos gobernos da época encargaranse de favorecer a emigración.

     Castelao dice no seu libro Sempre en Galiza,:  "Aínda que os factores económicos foron o suficientemente importantes como para botar fóra da súa terra a moitos galegos, tamén é certo que nós sabemos andar polo mundo na procura do benestar ó contrario de moitos españois que prefiren morrer de fame con tal de non ter que buscar camiños descoñecidos. Os galegos sabemos arranxar papeis e pedir unha pasaxe de terceira; sabemos agacharnos na bodega dun trasatlántico; sabemos abrir fronteiras pechadas; sabemos pedir traballo en tódalas linguas; sabemos canto se debe saber aínda que sexa a primeira vez que saímos fóra da terra". Os galegos emigraron forzados pola situación económica e por que non se conformaban con seguir sempre o mismo; querían mellorar e sobráballes vontade para facelo.

     Galicia é sinónimo de emigración, porque de Galicia, por emigrar, emigraron: traballadores, intelectuales e capitales. O galego emigraba baixo dous signos: un, que o empurraba fóra da súa terra na procura de mellor situación económica e outro que o faía volver. Así temos que, sendo o país que dá maior porcentaxe de emigración, tamén somos, curiosamente, o que maior índice de retornados temos por número de emigrantes.

     No fenómeno migratorio pode establecerse unha correlación: pais e muller quedaban en Galicia, fillos e home na emigración. Esta constante quizas sea o factor máis importante que favoreceu tan elevado número de retornados, tamén o apego que os galegos temos á nosa terra. Emigraron maioritariamente homes, cun elevado índice de xuventude. A muller galega incorpórase periodicamente á emigración, facéndoo dunha forma activa a partir da década dos 50.

     Os emigrantes dirixíanse fundamentalmente a América Latina. Xeralmente concentrábanse nas grandes áreas urbanas: Bos Aires, Montevideo, S.Paulo, Río, Bahía, A Habana,... Dedicàndose preferencialmente ó sector servicios, comercio e profesións liberais, recibindo o sector agrario unha porcentaxe moi baixa, salvo no caso de Brasil, onde as explotacións agrarias, forestais  e minerais ocuparon un considerable número de emigrantes. 

    Posteriormente será Arxentina quen se coloque á cabeza como país receptor, posto que só cederá entre 1915 e 1920 a favor de Cuba e máis tarde, a partir de 1953, a favor de Venezuela, quen o manterá ata a finalización do proceso migratorio na década de 1970. Arxentina acadará esta supremacía en base a unha política tendente a poboar grandes territorios case desérticos, e pa logralo emprendeu unha campaña divulgadora das " cualidades " do país, así como unha forte propaganda nos lugares de orixe dos emigrantes. Outros países americanos que tamén se significaron por ter recibido importantes continxentes de emigrantes son: Uruguai, Porto Rico, México, Estados Unidos e República Dominicana.

     Segun o lugar de Galicia de onde proceden, os emigrantes dirixíanse maioritariamente a un determinado país e dentro deste a determinadas zonas ou ciudades, influenciados pola presencia máis ou menos importante de veciños ou achegados anteriormente asentados alí.

     O grande impacto migratorio comezará a partir de 1880 e durará ata 1930. Este espectacular aumento virá favorecido por varios factores, entre os que cabe destacar os seguintes: 

  - A introducción da navegación a vapor, que reduce considerablemente a duración da viaxe e aumenta a seguridade da mesma. 
  - As políticas das repúblicas americanas que favorecen a entrada de emigrantes.

  - A comunicación epistolar dos que xa están alá, que dalgún xeito invita a familiares e amigos a decidirse polo viaxe, e ó mismo tempo a garantía de sentirse seguros de que van ser recibidos por xente amiga ó chegar ó outro lado do "charco". 

     Con todos estes factores, milleiros de galegos arriesganse a cruzar o océano cara a un mundo de esperanza.

     Logo chegaría a guerra civil española, co seu peche de fronteiras.   A segunda guerra mundial, que faía moi difícil a travesía do Atlántico, entre outras causas porque as principales compañías navieiras pertencían a países participantes no conflicto bélico. 

     Todo o anteriormente exposto lévanos a determinar qué consecuencias tuvo para Galicia a emigración. Faer unha exposición pormenorizada sería tarea moi difícil, pero si podemos realizar unha aproximación ós aspectos máis xerais facendo un resume polarizado en dous aspectos: a cara e a cruz.

A  CARA:

   - Melloráronse as economías de moitas familias, pois entraron importantes remesas de cartos que favoreceron a adquisición de terreos e a implantación de negocios.
  - Fixo posible o cambio e a introducción de novas formas de cultivo.
  - Melloráronse as infraestructuras viarias de Galica, sobre todo as portuarias, sendo os portos da Coruña e Vigo os máis beneficiados.
  - Favoreceu o crecemento da banca coa instalación de corresponsalías en moitas vilas.
  - Foi factor determinante no movemento agrarista galego. Moitos dos seus líderes estiveron na emigración ou as súas campañas eran sustentadas con fondos aportados polos emigrantes.
  - No seo das sociedades galegas en América mantúvose viva a llama do galeguismo, cuando aiquí non era posible a súa manifestación pública.
  -  Impulsaron a cultura e o ensino en Galicia coa construcción de escuelas, creación de asociacións culturales, publicación de periódicos,etc.
  - Favoreceu, en xeneral, un cambio de mentalidade na xente. 
 

A CRUZ:

  - Propiciou a perda das personas máis cualificadas para o traballo.
   -Deu lugar a un descenso da poboación, non solo polos que marcharon, senón polos fillos que deixaron de nacer.
  - Socialmente foi unha lacra que deu lugar á separación de pais e fillos, matrimonios, etc. Así, escoitáronse frases como "fillos sen pai", "terra sen homes" ou "viudas de vivos". 


    
     A xeito de resume final pódese dicir que a emigración só fixo ricos a uns poucos. A grande maioría conformouse con "facer uns cartiños" que lle serviron para solucionar os problemas primordiales e un número considerable nunca voltou e, se o fixo, foi fracasado.

     Sin embargo é de salientar que os galegos, ó longo da súa estadía na diáspora, mantiveron viva a lembranza da súa terra, a súa cultura e as súas tradicións, así como a ilusión do regreso.

    Ojalá a historia non se repita, sería un bo sinal. 










viernes, 29 de noviembre de 2013

martes, 1 de octubre de 2013

lunes, 2 de septiembre de 2013

XOGO DA FITA




                             O Xogo da FITA
          Xogo de pastores, implantado en toda a zona é practicado habitualmente  en todas as aldeas. Xógase  en equipos  ou individualmente. Necesitase de un camino, ou unha pista en terra batida de 20/25 metros de largo por 2 metros de ancho. Nos extremos da pista,  colocanse dous marcos de pedra de entre  5 e 10 centímetros de alto. Cuando se xoga en equipos, os lanzamentos son alternativos. Sempre que a fita de un xogador quede mais próxima do marco, este gana a mao e é o primeiro en lanzar e gana cinco puntos. Cuando un xogador tira o marco gana dez puntos e xa non conta a fita mais próxima o marco. O xogo remata cuando un equipo chega os cen puntos. Normalmente xógase una ronda de viños ou una xerrada de cerveza. Cada xogador ten unha fita de pedra  granitica  redonda, rectangular ou cuadrada, con una gordura de 3 a 5 cm e con un peso variable dependendo de cada xogador. 
 


 





   



sábado, 10 de agosto de 2013

                                          CHEGA O CALOR É APARECEN OS PIROMANOS

 



































jueves, 24 de enero de 2013

VUELVE LA NIEVE




 Podeis ver como afectó el temporal

                    "GONG"

         al pueblo de Videferre



       


   Temperaturas bajo cero






                      ¡Que frio!





   
          No se podia salir del "chamizo"







        Y menos coger el carromato