viernes, 29 de mayo de 2009

– AS CASAS -



Hai
50/60 anos atrás, as casas dos labradores estaban perfectamente
adaptadas as actividades agrícolas e pastoris. Sobre o mismo techo vivian as personas, os animales e guardabanse os productos que a terra producia. A ras do chan era reservado para a adega, a corte dos porcos, a corte das vacas, cabras e ovellas. No piso superior era donde os labradores tiñan a cociña e habitacións. Como os invernos eran longos e frios, unha forma de manter as casas mais quentes, era co calor que despendian os animales que tiñan debaixo. A lareira tamén axudaba a quentar a casa, xa que no inverno estaba sempre acesa. Os utensilios mais frecuentes nas lareiras eran
normalmente
un escano, unha maseira, unha mesa, unha touciñeira colgada dunha trave, e nuha esquina as rachas de carballo e a gabela de leña. Antes os tellados eran feitos de colma de palla que axudaban a conservar o calor dentro, o que era fundamental nas noites frias de inverno. Mais tarde chegou a tella e fixo que a colma desaparecera, sendo esta a que se utiliza nos tellados actuales.

jueves, 14 de mayo de 2009

- O FORNO -
=======

Cada pouco tempo había que porlle a albarda o burro, e arriba dela, unha
fanega de grao centeo, e ir cara o muiño. Xa ca fariña na casa, e ca leña
precisa pa quentar o forno, chega o dia de cocer, hai que buscar o formento
a casa de quen o tivese.
Na tarea de cocer participaba toda a familia, era unha tarea moi importante,
xa que se trataba do sustento de tódolos miembros da casa. Mentras o home quenta
o forno, a muller prepara a masa en casa e deixa levedar. Pra quentalo
utilízanse xestas, carqueixas ou calquera outra leña. Unha vez quente, apártanse
as brasas cun lareiro cara a borralleira, logo bárrese cunha vasoira feita de xesta
e atada na punta do lareiro. A masa levase o forno nun cesto de mimbre, ven tapada
pra que non lle dé o aire.
No forno hai un tendal donde se fan os pans, bicas e empanadas. Unha vez metido
o pan no forno ponse a tapadeira e espérase a que este cocido.
O forno de Videferre estubo moito tempo en ruinas e abandonado, a xente fixo
fornos mais pequenos nas casas e deixaron de usar o comunitario. Na actualidade
está restaurado, sendo usado en algunhas festas como o entroido pra xuntarse
todos e faer algunha merendola.