- O FORNO -
=======
Cada pouco tempo había que porlle a albarda o burro, e arriba dela, unha
fanega de grao centeo, e ir cara o muiño. Xa ca fariña na casa, e ca leña
precisa pa quentar o forno, chega o dia de cocer, hai que buscar o formento
a casa de quen o tivese.
Na tarea de cocer participaba toda a familia, era unha tarea moi importante,
xa que se trataba do sustento de tódolos miembros da casa. Mentras o home quenta
o forno, a muller prepara a masa en casa e deixa levedar. Pra quentalo
utilízanse xestas, carqueixas ou calquera outra leña. Unha vez quente, apártanse
as brasas cun lareiro cara a borralleira, logo bárrese cunha vasoira feita de xesta
e atada na punta do lareiro. A masa levase o forno nun cesto de mimbre, ven tapada
pra que non lle dé o aire.
No forno hai un tendal donde se fan os pans, bicas e empanadas. Unha vez metido
o pan no forno ponse a tapadeira e espérase a que este cocido.
O forno de Videferre estubo moito tempo en ruinas e abandonado, a xente fixo
fornos mais pequenos nas casas e deixaron de usar o comunitario. Na actualidade
está restaurado, sendo usado en algunhas festas como o entroido pra xuntarse
todos e faer algunha merendola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario