MUÍÑOS
HIDRÁULICOS
O muíño é unha das mostras de arquitectura popular que máis
abunda na paisaxe galega.
Forma parte do conxunto de construccións dedicado a fabricación
dun elemento básico
da alimentación: o pan. Deste xeito o muíño ten un evidente
valor no plano económico pero ademais, xoga un importante papel nas relacións
sociais da Galicia rural.
A xeografía galega favorece a existencia dos muíños.
A finalidade máis común desta construcción era moe-lo grao
Durante séculos para levar a cabo actividades da vida
cotidiana como a moenda o home apenas contou con outro tipo de enerxía que non
fose a súa propia forza. Co tempo, foi
deseñando artellos que lle facilitasen o traballo. Un deles
foi o muíño hidráulico, que
supuxo a sustitución da forza humana pola da auga como fonte
de enerxía para a
producción da fariña.
Este tipo de muíño é o que ten maior presencia na nosa
terra. Isto vén dado polas
características do medio galego que, cun alto grado de
pluviosidade, posee unha rede
fluvial que permite instala-los muíños de río.
No hay comentarios:
Publicar un comentario