domingo, 13 de mayo de 2012
A MALLA
Un dos traballos máis importante da agricultura rural, foi a MALLA, para elo era preciso que todos os veciños dunha parroquia, si querían que lle viñesen axudar a él, tiña que ir él a de todos os seus parroquianos, deste xeito conseguíase que durante un tempo todo o pobo se adicase casi exclusivamente a este traballo, conseguindo o trigo, centeo e cebada, para o longo do ano facer o pan e darlle de comer os animais.
Hai uns anos eran típicas as cuadrillas de segadores, tamén chamadas "RANCHOS" que durante duas ou tres semanas se dedicaban a segar para unha parroquia, nestes ranchos habia segadores e atadores que iban faendo os mollos e o chegar o fondo do rego os segadores eran esperados para darlle o garrafón do viño, un pouco de auga e sobre todo, alento a aqueles aguerridos traballadores.
Tamén había persoas que iban en cuadrillas a segar a Castella, uns iban en trenes de mercancias e incluso había quen pasando polos montes iban andando ata Castela. Cando voltaban un dos bens máis codiciados (sobre todo polos nenos) era o plan blanco de trigo, que a maior parte das veces había que botalo en auga para que ablandase, ademáis traían un pouco de diñeiro co que ir tirando o resto do ano.
A Malla, era un traballo moi duro o igual que a segada, xa que para facelo era preciso que quentase ben o sol, porque doutro xeito o pan non se cortaba si estaba húmedo ou as máquinas de mallar embazaban (atrancabanse). Ademáis da calor que había que soportar, o polvo e as arganas eran moi abundantes, o que facía moi dificultoso o respirar. Había Mallas no pueblo que duraban dous ou máis días completos. Despois do traballo sempre se comía, e esta era unha verdadeira festa, na que se faían todo tipo de trouladas, sobre todo si na Malla había un mozo ou moza casadeiros. Deste xeito ibase dunha casa a outra, ata que todos os veciños tivesen o grao na adega.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario