miércoles, 4 de marzo de 2009

– LOCALIZACION E ESTRUTURA SOCIAL DO PUEBLO DE VIDEFERRE -





Videferre e terra de montaña,en tempos pasados había muito gado caprino e bovino, a xente era moi dura, a aldea de VIDEFERRE, está situada a 830 metros de altura aproximadamente, no sur da provincia de Ourense, limitando co norte de Portugal ,con terrenos

de Chaves e Montalegre, ten unha superficie de 22 km2. Dista deVerin 20Km e 15 da cidade de Chaves.


O Pueblo atópase rodeado de navales, hortas e lameiros de rega. Este perímetro, é propiedade
exclusivamente privada. Despois síguelle todo un
conxunto de terrenos, tamén privados, pero masturados con outros de dominio público.
Estes terrenos, son chamados de duas follas (a de abaixo e a de arriba), unha de patatas, outra
de centeo, con cultivo alternado.

Os lameiros son propiedade privada, excepto as «lamas do pueblo» ou do
«touro», como tamén son conocidas e que en outros tempos se destinaban o pasto dos
bois e vacas do pueblo. O monte comunal é de pastoreo libre, quedando para gado de
particulares, e para os rebaños comunitarios. As lamas principales son a da Veiga,
Augaviva e Morgade, aunque hay outras mais pequenas.

A población, representa un modelo consistente, depurado o longo dos séculos,
através de unha economía de subsistencia, onde se xuntan admirablemente o privado
e o colectivo. Cultívase pouco de cada cousa e hoxe practicamente, en función das
necesidades familiares. A terra, hoxe a penas e valorada, e mais a extensión vital
da corriente sanguínea.

A partir dos anos sesenta, moitos xovens descontentos e ambiciosos, deixaron todo,
e metéronse o camiño para as grandes ciudades e para outros países de Europa.
Cuatro décadas despois, moitos volven e continuan ca misma vida. Envellecidos por
o tempo e por a vida, atravesan inda hoxe o pueblo, detras dun burreco ou dun
matraquillo, revivindo o pasado. A estructura social, o papel da propiedade da terra,
as casas, as ruas, as fachadas, o modo de vida, o sistema de axudarse, os ritmos da vida,
os mitos e os ritos, todo parece pertenecer xa a un paraíso perdido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario