martes, 31 de marzo de 2009

.............. A VECEIRA ...............



Todas as mañas e a misma hora, o tocar da lata, cada propietario, ten a
preocupación de faer sair das súas cortes, as súas cabras e xuntalas cas
demais na Tulla ou no Cruceiro, para que todas en conxunto e normalmente
guiadas por un ou dous pastores saian o monte.
Os pastores, son os proprietários dos animales, que se preocupan de
guardalas e guialas por zonas donde axa abundante comida.
A regla e simples: por cada animal que se ten, o propietario terá que ir un
día ca veceira comunitaria.
No inverno, como os días son pequenos, sai a veceira unha sola vez, e no verao,
sae de mañan e de tarde, pasando as horas de mais calor na casa.
Na veceira había dous ou tres castrons, os cuales eran de todos,
durmian a maioria das noites na rúa, ou debaixo dalgún carredor, a xente non
os metia na corte porque cheiraban mal.
Moita xente que non podia ir ca veceira, tiña que buscar a alguén que
fose por él. Sempre se recurria para esta tarea os CORDEIROS, ou o PEGUILLO,
os cuales sempre están dispostos a ir co rebaño para a Serra, a Ramallosa ou
o Atallo.
Polo atardecer, xúntanse os rapaces e as rapazas e van esperar a veceira
o Outeiro de Raposo ou ó Esprón, momento de estar todos xuntos é xogar a
algún dos xogos tradicionales do pueblo.

1 comentario:

  1. Eu nunca fun ca beceira, pero recordo que cando chegaban do monte alguhas veces fun buscar unha cabra que tiñan os meus avós, e que bonitiña era!!!

    ResponderEliminar