+016.jpg)
+040.jpg)
+027.jpg)
A segada era un dos traballos que marcaba un particular relevo na mente dos nosos antepasados. Como todos os outros, era feito manualmente, o que obligaba a que fose preparada e anunciada case o milímetro e ca debida antelación. Os invitados a segada eran normalmente familiares e amigos próximos.
Cuando esta era grande e non se podía faer ca xente da casa, había que chamar un “rancho” normalmente portugués, era entonces cuando se faia a previsión do número de “pousadas” (número de mollos) a coller, era cuando se calculaban as personas necesarias entre seitureiros (segadores) e atadores para que fose feita no menor tempo posible, en alguns casos duraba un, dous ou tres días. Cuando un acababa, xa había outro veciño a espera do rancho para empezar a sua.
Desde o nacer o por do sol, apenas con interrupcions para matar o bicho (pequeno almorzo) e xantar, os cuales teñen lugar nuha determinada leira previamente acordada, onde as mulleres da casa acudían cargadas cas potas do caldo, co polo guisado e cos garrafons do viño. O rancho vai duha leira a outra cantando e con alegría constante. Faíanse apostas, discutían o número de regos que cada un segaba, quen era o mellor segador, quen ataba mellor.
O final de segar unha leira chegaba o momento esperado de recoller os mollos para a roda, feita normalmente no medio da finca, onde quedaban sobre postos uns sobre outros cas espigas para arriba e o sol para un perfecto secado.
Cuando se acababa a segada, o rancho faía o “ramo” da segada, que logo era levado por un dos segadores, que en conxunto de todos os demais entonaban cánticos hasta a porta do “patrao”, a quen llo entregaban para que fose exposto públicamente, normalmente puñase no corredor.
Como agradecemento polos cánticos e por acabar o traballo, era entonces cuando o patrón sacaba o garrafón de viño e lles daba de beber os segadores. O garrafón iba de boca en boca sin descanso.
Logo chegaba a hora da cea, que normalmente prolongábase hasta altas horas, entonces era cuando chegaban as discursións……. Si tal leira tiña dado mais pousadas ou menos que o ano pasado. Si fulano e mellor que mengano, en fin…… todo un revoltallo de asuntos, sendo sempre o mesmo fondo, que non e outro que a competición entre labradores.
Tamén era frecuente que os segadores se liaran entre eles, ou con membros de outros ranchos, sacaban os gadaños e alguhas veces chegaban a lesionarse nestes enfrentamentos.